Home » Sense categoria » (Galiza) O sector forestal a debate. Foro-Mesa Redonda.

(Galiza) O sector forestal a debate. Foro-Mesa Redonda.

O vindeiro sabado, día 27 celebrarase en Xinzo (Ponteareas), o primeiro foro-mesa redonda sobre as posibilidades que ofrece o sector forestal galego.

Alternativas reais que nos permiten volver a falar do monte como fonte de riqueza. Co seu aproveitamento racional podese xerar un importante número de postos de traballo, ademais da extracion de materias primas como a madeira, biocombustibles, enerxia eléctrica, compost, gando, froitos, cogumelos, e un longo etc.

Queremos poñer sobre a mesa a posibilidade de frear o éxodo rural, e agora mais que nunca, cunha crise estructural que está a facer que os gobernos apreten aínda mais a soga ao pescozo da clase traballadora.

Queremos poñer de manifesto que a reocupación do rural non só, é algo factibel, senón que ante a paulatina destrucción do “estado do benestar”, – ¿onde está a vivenda digna, o traballo estable, a educación de calidade para os nosos fillos e fillas, a igualdade ante a lei, e pronto a xubilación,etc.,etc.? pronto vai a converter a vida no rural, no que se pode vivir da terra, nunha garantía de verdadeira riqueza e calidade de vida.

Esta xornada pretende ser unha invitación a participación, a proposta de ideas e o debate, na que se trataran mais polo miúdo os seguintes temas:

Micoloxía (cultivo de cogumelos e especies adaptadas ós nosos montes).
Productivo madeireiro (selvicultura e tipos de aproveitamentos madeireiros).
Aproveitamento gandeiro (razas autóctonas de gando como as vacas Cachenas e o porco Celta.
Producción de madeiras nobles, froita e biomasa(especies arbóreas a empregar, así como a selvicultura óptima paraelo, aproveitamento de restos de corta para producción de enerxía térmica, eléctrica).
Ocio e cultura (áreas recreativas, aulas de natureza, rutas de sendeirismo, parques forestais, etc.).
Aproveitamento ecolóxico (conservación da diversidade de especies de flora e fauna, fundamentais para o mantemento dos ecosistemas forestais como patrimonio ambiental dos nosos montes).
Alternativas varias (compostaxe de residuos forestais, enerxías renovables como a eólica, biogás, etc.).

Sección Sindical Forestal do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, aderido a CNT-AIT
Ponteareas, 19 de febreiro de 2010

Posted in Sense categoria

Comments are closed.